Wednesday 08 de May de 2024

Cabanas abre a convocatoria para a constitución dunha bolsa de emprego de persoal técnico de igualdade


As persoas interesadas poden presentar as súas solictudes até o próximo mércores 11 de maio.

Concello de Cabanas informa da convocatoria para a constitución dunha bolsa de emprego de persoal técnico de igualdade para a execución de programas subvencionados de carácter temporal.

A persoa que resulte seleccionada terá como funcións, entre outras, a detección de necesidades en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero, ou a programación, planificación, intervención e realización de proxectos de dinamización de políticas de igualdade no territorio.

Segundo se recolle nas bases da convocatoria, publicadas no BOP deste mércores 4 de maio, para optar a esta praza é preciso estar en posesión do grao, licenciatura ou diplomatura en igualdade, socioloxía, psicoloxía, dereito, ciencias políticas e da administración psicopedagoxía ou pedagoxía, traballo social, educación social ou equivalente da área de ciencias sociais e xurídicas.

As persoas interesadas deben presentar as súas solicitudes por rexistro dentro do prazo establecido, de 5 días hábiles (até o mércores 11 de maio, inclusive).